ATENCION - PowerPoint PPT Presentation

Loading...

PPT – ATENCION PowerPoint presentation | free to download - id: 7c21e6-OWVlY



Loading


The Adobe Flash plugin is needed to view this content

Get the plugin now

View by Category
About This Presentation
Title:

ATENCION

Description:

atencion diversidade horarios en educaci n infantil e primaria – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:4
Avg rating:3.0/5.0
Date added: 27 January 2019
Slides: 42
Provided by: JosM56
Learn more at: http://www.edu.xunta.es
Category:

less

Write a Comment
User Comments (0)
Transcript and Presenter's Notes

Title: ATENCION


1
ATENCION Á DIVERSIDADE
  • HORARIOS EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

2
ASPECTOS A TER EN CONTA NA ELABORACIÓN DE
HORARIOS
  • Estudio e valoración de necesidades e casos a
    través do Departamento de Orientación.
  • Medidas ordinarias e específicas na atención ao
    alumnado con necesidades educativas.
  • Criterios de escolarización do alumnado con
    n.e.e.
  • Estimulacion da linguaxe oral en E. Infantil.
  • Alumnado procedente do estranxeiro.
  • Catálogo de postos de traballo do centro.

3
ASPECTOS A TER EN CONTA NA ELABORACIÓN DE
HORARIOS
  • Decreto 374/1996 e orde do 22 de xullo 1997 sobre
    organización e funcionamento dos centros.
  • Suxestións ou suxerencias do Claustro en canto a
    horarios partindo da Memoria Anual.
  • Reunións previas por Ciclos para información dos
    horarios.
  • Apoios en infantil con preferencia no alumnado de
    3 anos e con necesidades e. especiales. No resto
    reparto equitativo por aulas.

4
VALORACION DE NECESIDADES
  • O titor/a despois de realizar a avaliación
    inicial solicita valoración a través do D.O.
  • O xefe do D.O. coa colaboración dos mestres
    especialistas en AL e PT determinan a necesidade
    de adaptación do currículo (RE-AC).
  • O xefe de estudios establece as medidas
    organizativas necesarias para a atención á
    diversidade.

5
MEDIDAS ORDINARIAS EN E. PRIMARIA
  • Apoio en grupo ordinario.
  • Adaptacións do currículo (Reforzo educativo).
  • Medidas de apoio, reforzo fóra do horario escolar
    para 3º Ciclo (PROA)
  • Plan específico individualizado de reforzo ou
    recuperación ( si permanece un ano máis no mesmo
    Ciclo).
  • Apoios paralelos en alumnos con desfase
    curricular.

6
MEDIDAS ESPECÍFICAS EN E. PRIMARIA
  • Adaptacións curriculares significativas para
    alumnos con N.E.A.E.
  • Flexibilización da escolarización, para alumnos
    con altas capacidades e para alumnos con
    incorporación tardía ao S. Educativo
    escolarización nun curso inferior con medidas de
    reforzo ( con desfase superior a máis dun Ciclo).
  • Atención específica para alumnos que descoñezan
    as linguas (simultánea a súa escolarización nun
    grupo ordinario) Grupos de adquisición das
    linguas-_máximo un trimestre_

7
ADAPTACIÓNS DO CURRÍCULUM EN E. INFANTIL E
PRIMARIA
8
REFORZO EDUCATIVO
  • O Reforzo educativo é unha medida ordinaria de
    atención á diversidade. Afecta a elementos non
    prescritivos do currículo secuencia de contidos,
    instrumentos de avaliación, organización da aula,
    ós agrupamentos de alumnos e todo aquilo incluído
    no ámbito da metodoloxía.

9
REFORZO EDUCATIVO
  • Son modificacións que non afectan aos elementos
    prescriptivos do currículo. Estas adaptacións
    corresponden ao titor e ao equipo docente, coa
    colaboración do Departamento de Orientación. Non
    necesitan ser aprobadas pola Administración
    Educativa.
  • O reforzo educativo levarase a cabo
    preferentemente dentro da aula ordinaria.

10
ADAPTACIÓNS CURRICULARES
  • A adaptación curricular é un proceso de toma de
    decisións sobre os elementos do currículo para
    dar resposta ás necesidades do alumnado, mediante
    a realización de modificacións nos elementos de
    acceso ao currículo e/ou nos mesmos elementos que
    o constitúen.
  • As medidas organizativas contemplan periodos
    tanto dentro como fóra da aula ordinaria.

11
A. CURRICULARES
  • Realízanse desde a programación de aula previa
    avaliación psicopedagóxica, e serven de base para
    determinar os apoios necesarios.
  • Son medidas extraordinarias que afectan aos
    elementos prescriptivos do currículo, xa que
    modifican obxectivos xerais de etapa, contidos
    básicos e nucleares das distintas áreas
    curriculares, e criterios de avaliación.

12
DURACIÓN DAS A.C.
  • En E. primaria, as adaptcións curriculares
    significativas soen ter unha duración dun ciclo e
    faise no primeiro curso do mesmo, aínda que tamén
    se podería levar a cabo no segundo.
  • Responsables O mestre titor, os mestres e
    profesionais que traballan co neno. Asesoramento
    do Equipo de Orientación. Necesitan autorización
    da Administración educativa.

13
PROCEDEMENTO DE ELABORACIÓN DA A.C.
  • O mestre titor considera a conveniencia de
    realizar a AC.
  • O xefe de estudios celebra unha reunión co equipo
    docente na que se decide sobre a pertinencia ou
    non de realizala.
  • Asesorado por mestres especialistas e o D.O. o
    titor, co resto de mestres do equipo diseña a
    adaptación curricular individualizada que se
    envía ao servizo de inspección para que informe
    favorable ou desfavorablemente.

14
REXISTRO DA AC
  • DOCUMENTO INDIVIDUAL QUE INCLÚE
  • Datos do alumno/a.
  • Propostas de adaptación tanto de acceso ao
    currículo como as propiamente curriculares.
  • Modalidades de apoios.
  • Colaboración coa familia.
  • Criterios de promoción.
  • Acordos tomados ao realizar os oportunos
    seguimentos.

15
AVALIACIÓN E PROMOCIÓN
  • Tanto en Educación primaria como en ESO, a
    avaliación e promoción dos alumnos/as realízase
    tomando como referente os criterios de avaliación
    fixados na adaptación.
  • Sen perxuizo de permanencia durante un curso máis
    no mesmo Ciclo en primaria.
  • A escolarización poderá prolongarse un ano máis
    excepcionalmente, ou dous se non se permaneceu un
    ano máis en E. infantil.

16
A. CURRICULAR DE AMPLIACIÓN
  • Realizadas para alumnos de altas capacidades.
  • Consiste no enriquecemento dos obxectivos e
    contidos.
  • A flexibilidade dos criterios de avaliación
  • A metodoloxía específica que convén utilizar
    tendo en conta o estilo de aprendizaxe do
    alumnado e contexto escolar.

17
MEDIDAS CURRICULARES ALUMNADO ESTRANXEIRO
  • REFORZO EDUCATIVO
  • ADAPTACIÓNS CURRICULARES
  • FLEXIBILIZACIÓN DA IDADE

18
MEDIDAS ORGANIZATIVAS ALUMNADO ESTRANXEIRO
  • AGRUPAMENTOS FLEXIBLES
  • GRUPO DE ADQUISICIÓN DAS LINGUAS
  • GRUPOS DE ADAPTACIÓN DA COMPETENCIA CURRICULAR

19
GRUPO DE ADQUISICIÓN DAS LINGUAS
  • Alumnado que descoñeza completamente as dúas
    linguas oficiais de Galicia. Poderá formar parte
    deste grupo un máximo dun trimestre.
  • Desenvólvese en Primaria e Secundaria
    excepcionalmente no último curso de E. Infantil.
  • Deberán pertenecer a unha mesma etapa educativa.

20
GRUPO DE ADQUISICIÓN DAS LINGUAS
  • O horario semanal máximo será 5 periodos
    lectivos no último curso de E. Infantil 10, no
    primeiro ciclo de E. primaria e 20, no segundo e
    terceiro ciclo de E. primaria.
  • O alumnado permanecerá no seu grupo de referencia
    nas materias de E. física e Artística.

21
GRUPOS DE ADAPTACIÓN DA COMPETENCIA CURRICULAR
  • Dirixido a alumnado que presente un desfase
    curricular de dous ou máis cursos con respecto
    ao que lle correspondería pola súa idade.
  • Só se poderán desenvolver no segundo e terceiro
    ciclo de E. primaria e na ESO.
  • O alumnado deberá pertenecer a unha mesma etapa
    educativa.
  • O horario semanal máximo de permanencia nestes
    grupos será de 8 sesións no segundo e terceiro
    ciclo de primaria.

22
INTERVENCIÓNS ESPECÍFICAS CO ALUMNADO CON NEE
  • As intervencións específicas que sexan precisas
    por parte do profesorado de PT e AL serán
    propostas polo D.O. en colaboración co titor.
  • Levaranse a cabo fundamentalmente dentro da aula,
    e fóra en casos excepcionais previstos na AC e
    durante un tempo que non exceda a terceira parte
    da xornada escolar.
  • A coordinación tendo en conta o proxecto
    curricular da etapa e as programacións de aula,
    corresponde á xefatura de estudios do centro.

23
FLEXIBILIZACIÓN DA IDADE DE ESCOLARIZACIÓN E.
INFANTIL
  • O alumnado con n.e.e poderá ser obxecto de
    medidas de flexibilización da súa escolarización.
  • E. infantil poderase aumentar nun ano, respecto
    do disposto con carácter xeral. En ningún caso
    será posible permanecer nesta estapa máis alá do
    ano natural no que se cumpran os sete de idade.

24
FLEXIBILIZACIÓN DA IDADE DE ESCOLARIZACIÓN E.
PRIMARIA
  • En Primaria, poderase aumentar excepcionalmente
    nun ano con respecto do disposto con carácter
    xeral. Si non permaneceu un ano máis en E.
    infantil, poderase aumentar un segundo ano con
    carácter excepcional.
  • Non se podera continuar na E. primaria máis alá
    do ano natural no que se cumpran os quince de
    idade.
  • Si se trata dun centro específico de educación
    especial o prazo máximo para permanecer
    escolarizado na educación básica obrigatoria será
    de vinte anos.

25
XORNADA DE TRABALLO DO PROFESORADO
  • HORAS LECTIVAS 21 HORAS SEMANAIS (Inclúe as
    horas de docencia directa co alumnado, horas de
    garda e as horas de reducións establecidas para
    órganos unipersoais de goberno e coordinacións).
  • HORAS COMPLEMENTARIAS FIXAS 4 HORAS SEMANAIS (
    Dúas horas dedicaranse, preferentemente a
    DINAMIZACIÓN e as dúas restantes, fóra das horas
    lectivas do alumnado, para TITORÍA DE PAIS e
    REUNIÓNS de órganos de coordinación docente.
  • As horas lectivas e as complementarias fixas
    suman un total de 25 horas semanais.

26
OUTRAS HORAS DE TRABALLO DO PROFESORADO
  • HORAS COMPLEMENTARIAS NON FIXAS 5 horas
    semanais.
  • Son de cómputo mensual e non teñen carácter fixo.
  • Poden dedicarse a Reunións de claustro, reunións
    de Consello Escolar, Xuntas de avaliación,
    proxectos de formación, etc.
  • En resumo o horario de dedicación do profesorado
    ao centro será de 30 horas semanais.

27
DISTRIBUCIÓN HORARIA LOE
28
ELABORACIÓN DE HORARIOS
  • Os horarios deben tratar de rendibilizar ao
    máximo o capital humano do que dispón o centro,
    pensando na seguridade do alumnado, as
    características do alumnado con n.e.e., o
    horario de atención ás familias e tamén
    procurando que cada titor teña a maior cantidade
    posible de sesións seguidas cos seus alumnos,
    para evitar interrupcións no ritmo das clases.

29
CRITERIOS ELABORACIÓN
  • Os horarios de apoios a Infantil, varían en
    función das necesidades do centro, así como os
    dos profesores de PT e AL que poden estar
    suxeitos a variacións periódicas pola
    incorporación de novos alumnos que van a estas
    aulas ou porque os que están asistindo xa non o
    necesitan.

30
HORARIO E. INFANTIL
  • O horario na etapa de Educación Infantil ten unha
    distribución horaria flexible, non contemplándose
    a súa distribución por áreas dado o carácter
    globalizado do modelo curricular desta etapa.
    Inclúense actividades que permiten respectar os
    ritmos de actividade, de xogo e de descanso dos
    nenos e nenas.
  • De ser posible os mestres especialistas de A.L.
    realizarán unha sesión semanal de estimulación da
    linguaxe oral con cada grupo.

31
HORARIO EN E. PRIMARIA
  • Na etapa de Educación Primaria teremos en conta
    a distribución racional das distintas áreas ao
    longo da semana.
  • Salvo casos puntuais, estableceranse as horas de
    docencia do profesorado de modo que non coincidan
    dúas seguidas na mesma materia e día e, podendo
    ser, o máis repartidas posibles ao longo da
    semana.
  • Procurarase establecer nas primeiras sesións ás
    áreas que requiran un maior esforzo e
    concentración ao alumnado.

32
COMPETENCIAS DO/DA X. ESTUDIOS (artigo 34 do
Decreto 374/1996)
  • Exercer, por delegación do director e baixo a súa
    autoridade, a xefatura do persoal docente en todo
    o relativo ó réxime académico.
  • Substituír ó director en caso de ausencia,
    enfermidade ou suspensión de funcións.
  • Coordinar e velar pola execución das actividades
    de carácter académico e de orientación de
    profesores e alumnos, en relación co proxecto
    educativo do centro, os proxectos curriculares de
    etapa e a programación xeral anual.

33
COMPETENCIAS DO/DA X. ESTUDIOS
  • Elaborar, en colaboración cos restantes órganos
    unipersoais, os horarios académicos de alumnos e
    profesores de acordo cos criterios aprobados polo
    claustro e co horario xeral incluído na
    programación xeral anual, así como velar polo seu
    estricto cumprimento.
  • Coordinar a actividade dos coordinadores de ciclo.

34
COMPETENCIAS DO/DA X. ESTUDIOS
  • Coordinar e orientar a acción dos titores de
    acordo co plan de acción titorial.
  • Coordinar a participación do profesorado nas
    actividades de perfeccionamento, así como
    planificar e organizar as actividades de
    formación de profesores realizadas polo centro.
  • Coordinar a actividade docente do centro, con
    especial atención ós procesos de avaliación,
    adaptación curricular e actividades de
    recuperación, reforzo e ampliación.

35
COMPETENCIAS DO/DA X. ESTUDIOS
  • Facilitar a organización dos alumnos e impulsar a
    súa participación no centro.
  • Establecer os mecanismos para corrixir ausencias
    imprevistas do profesorado, atención a alumnos
    accidentados ou calquera eventualidade que incida
    no normal funcionamento do centro.

36
COMPETENCIAS DO/DA X. ESTUDIOS
  • Organizar a atención dos alumnos nos períodos de
    lecer.
  • Calquera outra función que lle poida ser
    encomendada polo director dentro do ámbito da súa
    competencia.

37
REFERENCIAS LEXISLATIVAS EN GALICIA
  • Orde de 6 de outubro de 1995 da Consellería de E.
    e O. Universitaria pola que se regulan as
    adaptacións do currículo nas ensinanzas de réxime
    xeral.
  • Decreto 374/1996 do Regulamento orgánico das
    escolas de E. infantil e colexios de primaria.
  • Decreto 320/1996, de ordenación da atención aos
    alumnos/as con necesidades educativas especiais.

38
REFERENCIAS LEXISLATIVAS EN GALICIA
  • Orde do 31 de outubro de 1996 pola que se regula
    a avaliación psicopedagóxica dos alumnos con nee,
    e establece os procedementos e criterios para a
    realización do dictame de escolarización.
  • Orde 22 xullo 1997 que regula aspectos da
    organización e funcionamento das escolas de
    infantil e primaria

39
REFERENCIAS LEXISLATIVAS EN GALICIA
  • Orde do 27 de decembro de 2002 sobre criterios de
    escolarización do alumnado con n.e.e.
  • Decreto 130/2007, de 28 de xuño, polo que se
    establece o currículo de E. Primaria.
  • Orde do 23 de novembro de 2007, pola que se
    regula a avaliación na E.primaria.

40
REFERENCIAS LEXISLATIVAS EN GALICIA
  • Decreto 330/2009, polo que se establece o
    currículo de Educación Infantil en Galicia.
  • Orde de 25 de xullo de 2009, polo que se se
    regula a implantación, o desenvolvemento e a
    avaliación no segundo ciclo de E. Infantil na
    Comunidade Autónoma de Galicia.

41
http//centros.edu.xunta.es/ceipgregoriosanz/
About PowerShow.com