Ulo suxeito: Un programa para determinar a sintaxe do galego - PowerPoint PPT Presentation

1 / 40
About This Presentation
Title:

Ulo suxeito: Un programa para determinar a sintaxe do galego

Description:

B. Carlos Os meus t os meteron as cadeiras pero as mesas a nda non as meteron. C. Carlos As cadeiras met ronas os meus t os pero as mesas a nda non as meteron. ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:102
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 41
Provided by: timgu6
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: Ulo suxeito: Un programa para determinar a sintaxe do galego


1
U-lo suxeito?Un programa para determinar a
sintaxe do galego
  • Timothy Gupton (Universidade de Iowa)
  • timothy-gupton_at_uiowa.edu
  • Congreso da Asociación Internacional de Estudos
    Galegos
  • Santiago de Compostela,13-17 xullo, 2009

2
Marco teórico escola estadounidense-chomskiana
  • Hipótese do suxeito vP-interno (e.g. Kuroda
    1988, Koopman Sportiche 1991) para os verbos
    transitivos
  • TopP
  • DP TP
  • Su T
  • T vP
  • (Vv)
  • ltSugt v
  • ltvgt VP
  • Obj V
  • ltVgt ltObjgt

3
Debate na literatura sobre a posición do suxeito
preverbal en castelán
  • Algúns din que é un elemento periférico
  • Castelán Ordóñez Treviño (1999), Camacho
    (2006)
  • Portugués Europeo Barbosa (1996, 2000)

4
A oposición no debate
  • Outros din que o suxeito preverbal é un elemento
    canónico, ou sexa, que aparece na mesma posición
    que en inglés (Spec, TP)
  • Castelán Goodall (2001, 2002), Suñer (2003)
  • Portugués Europeo Costa (2000, 2004), Duarte
    (1989, 1997)

5
Nota importante
  • se un suxeito preverbal se comporta coma
    elemento-A suponse en xeral que ocurre na
    periferia (superior a Spec, TP)
  • se un suxeito preverbal se comporta coma
    elemento-A suponse que é un elemento canónico (en
    Spec, TP)

6
Marco teórico escola estadounidense-chomskiana
  • Hipótese do suxeito vP-interno (e.g. Kuroda
    1988, Koopman Sportiche 1991)
  • TopP ? Posición periférica
  • DP TP ? Posición canónica
  • Su T
  • T vP
  • (Vv)
  • ltSugt v
  • ltvgt VP
  • Obj V
  • ltVgt ltObjgt

7
O primeiro paso Gupton (2006)
  • aplicando as probas sintácticas de O T (1999),
    Goodall (2001, 2002), e outros non foi posible
    determinar se o suxeito pre-verbal se comporta
    máis coma elemento-A ou -A
  • Houbo dez probas en cinco casos, os suxeitos
    comportáronse coma elementos-A, e nas outras
    cinco, coma elementos-A
  • Conclusións
  • 1) Cal é a utilidade das nocións A e A?
  • 2) Xa que un suxeito preverbal pode ser
    periférico non indica necesariamente que sempre é
    un elemento periférico
  • 3) Había necesidade de recoller datos máis
    extensos

8
Os obxectivos desta tese de doutoramento
  • determinar a sintaxe do galego segundo o contexto
    pragmático
  • determinar as preferencias e tendencias
    sintácticas en casos cando varios ordes de
    palabras son gramaticais, pero non necesariamente
    apropiadas
  • poñer á proba varias teorías (e.g. Zubizarreta
    1998, López 2009) para ver se se poden utilizar
    no caso do galego

9
Os/As participantes e as variables
  • falantes iniciais e habituais do galego de dous
    grupos de idade 1) 18-30 anos, 2) máis de 50
    anos (n13, 6)
  • sexo masculino, femenino (n9, 10)
  • formación universitaria universidade (17, 2)
  • ambiente principal urbano (15, 4)
  • Estas variables foron indicadas polos propios
    participantes mediante un cuestionario
    lingüístico (de ata 63 preguntas)

10
Resume de variables
NB os números (n) enriba representan o número de
participantes nas enquisas completadas pola
Internet
11
Administración
  • Recrutáronse os participantes (voluntarios e sen
    pago) en Vigo entre outubro 2008 e maio 2009.
  • Os participantes fixeron as primeiras dúas
    tarefas por Internet (auto-supervisión) cando
    lles conviñesen en dúas visitas separadas
  • Creáronse as tarefas electrónicas na aplicación
    WebSurveyor, e os/as participantes accederon a
    elas polo portal/servidor https//survey.uiowa.edu
    / ou pola miña páxina http//www.geocities.com/t_
    gupton/home
  • A terceira e cuarta tarefas son opcionais

12
Administración
  • Dividíronse as tarefas en dúas visitas separadas
    para evitar que se fatigase.
  • Día 1 cuestionario lingüístico 63 preguntas
  • metade de tarefa 1 17 preguntas
  • metade de tarefa 2 15 preguntas
  • TOTAL 95 preguntas
  • Día 2 metade de tarefa 2 15 preguntas
  • metade de tarefa 1 18 preguntas
  • TOTAL 33 preguntas
  • Variouse a orde de presentación das tarefas 1 e 2
    tanto coma as condicións investigadas entre dous
    grupos. A asignación dos participantes aos dous
    grupos foi arbitraria e ao azar.

13
A metodoloxía tarefa 1 (cuantitativa)
  • Tarefa 1 Scaled Pragmatic Appropriateness Task
  • Tarefa basada en Bley-Vroman Yoshinaga (1992),
    utilizada en investigacións de ASL para
    determinar a aceptabilidade de frases na
    gramática dun aprendiz de L2 (sempre se compara
    coa dos falantes iniciais)
  • Utilizada recentemente en Kallestinova (2007)
    para estudiar as preferencias pragmáticas no ruso
  • O/A participante le e escoita un contexto e, a
    continuación, le e escoita tres frases
    gramaticais que se varían sintácticamente. O/A
    participante avalía cada unha das tres frases
    nunha escala de 1 a 5.
  • As voces grabadas para os contextos son de
    falantes iniciais e habituais

14
A metodoloxía tarefa 1
  • A escala de aceptabilidade
  • 1 non aceptable
  • 2 pouco aceptable
  • 3 máis ou menos aceptable
  • 4 bastante aceptable
  • 5 totalmente aceptable (preferible)
  • As sete condicións pragmáticas (7 x 5 35 en
    total)
  • A) Situacións out-of-the-blue (Zubizarreta,
    1998 - toda a frase representa información
    nova)
  • B) Suxeito coma información vella/coñecida
    (CLLD OK subordinación Q A)
  • C) Obxecto coma información vella (CLLD OK
    subordinación Q A)
  • D) Suxeito coma información vella (CLLD
    coordinación continuación/resultado)
  • E) Obxecto coma información vella (CLLD
    coordinación continuación/resultado)
  • F) Só o suxeito é información nova (subject
    narrow focus)
  • G) Só o obxecto é información nova (object
    narrow focus)
  • Evítanse suxeitos nulos (parafraséase/switch
    ref.)

15
A metodoloxía tarefa 1
  • exemplar cond. A (out-of-the-blue)
  • Contexto Xoán e Iago son amigos. Están a falar
    sobre a fin de semana.
  • Xoán Que fas esta noite?
  • Iago Por que? Que pasa?
  • A. Xoán Carlos vai celebrar o seu aniversario.
  • B. Xoán Vai celebrar Carlos o seu aniversario.
  • C. Xoán Vai celebrar o seu aniversario Carlos.

16
A metodoloxía tarefa 2
  • Tarefa 2 Word Order Preference Task
  • Xa que os/as participantes podían avaliar as tres
    frases idénticamente ou dunha maneira moi
    semellante en Tarefa 1, na segunda tarefa
    intentouse establecer unha clara preferencia
    entre dúas opcións sintácticas.
  • Se non houbese unha preferencia e as dúas opcións
    eran igualmente preferibles, había esta opción
    tamén, a cal confirmaría isto.
  • Aínda que tarefa 2 non incluía audio, estes
    contextos dispoñen de narrativos máis extendidos
    (entre 3 e 7 frases/preguntas)
  • Hai os mesmos contextos pragmáticos coma na
    tarefa 1, pero non se examinan os mesmos límites
    de subordinación v. coordinación.

17
A metodoloxía tarefa 2
  • As seis condicións pragmáticas (6 x 5 30 en
    total)
  • A) Situacións out-of-the-blue (toda información
    nova) - SV v. VS
  • B) Suxeito coma información vella/coñecida - SVO
    v. VSO
  • C) Obxecto coma información vella CLLDSV v.
    CLLDVS
  • D) Só o suxeito é información nova (subject
    narrow focus) - SV v.
  • VS
  • E) Só o obxecto é información nova (object
    narrow focus) - VSO v.
  • VOS
  • F) Detractor NAdx v. AdxN

18
A metodoloxía tarefa 2 (cuantitativa)
  • Exemplar cond. A (out-of-the-blue)
  • Instrucións Nos exemplos de abaixo, imos ver
    exemplos de ordes de palabras diferentes. Coloque
    a palabra entre parénteses no lugar certo dentro
    da oración. En cada caso é posible escoller un
    dos lugares, ou os dous lugares.
  • Cristiano - Que aconteceu?
  • Samo - Non se sabe exactamente.
  • ________ encontrou _______ a muller morta.
  • (a señora da limpeza)
  • A. A señora da limpeza encontrou a muller morta.
  • B. Encontrou a señora da limpeza a muller morta.
  • C. As dúas posibilidades.

19
A metodoloxía tarefa 3 (cualitativa)
  • Tarefa 3
  • Unha entrevista grabada de 15-20 minutos
    (teóricamente) sobre a historia persoal,
    anécdotas, opinións sobre o galego e Galicia
  • Foi opcional entre os que fixeron o cuestionario
    pola Internet
  • Varios entrevistados non participaron no
    cuestionario (por cuestións de acceso,
    capacidade, etc.)
  • Nas entrevistas represéntase máis o grupo
  • -urbano, -universidade de 50 anos.

20
A metodoloxía tarefa 4 (cualitativa)
  • Tarefa 4 (aínda non se realizou)
  • Segunda entrevista de control con algúns
    participantes sobre os datos recollidos nas
    primeiras dúas tarefas (cuestionarios na
    Internet)
  • Xustificación Segundo Henry (2005) as
    entrevistas de seguimento poden descubrir
    sutilezas nos xuízos de gramaticalidade.
  • Isto nos prové unha visión máis completa da
    gramática mental do falante
  • Os cuestionarios xeralmente a variedade
    normativa. Se un falante descoñece certas facetas
    do normativo (por varias razóns), pode levar a un
    rexeitamento por razóns alleas ás da tarefa en
    cuestión. Isto pode ser o caso con persoas
    maiores ou cas persoas menos letrados no galego
    (os que non coñecen o normativo máis recente).
  • Isto é importante porque no contexto galego,
    estes individuos frecuentemente son os falantes
    máis monolingües (Siguán 1992).

21
Resultados preliminares
  • resultados para tarefa 1

22
Resultados preliminares
resultados para tarefa 2 (porcentaxes de
preferencia)
23
Indicacións iniciais
  • SVO é a orde sintáctica preferida cando toda a
    frase representa información nova
  • SV(O) é a orde sintáctica preferida cando o
    suxeito representa información vella
  • As ordes con obxecto vello deslocado (CLLD) non
    son moi preferidas. CLLDVS é máis preferido que
    CLLDSV. Xa que SVO é posible (e preferido) en
    casos de coordinación (Asher Vieu 2005), temos
    unha indicación que os suxeitos preverbais en
    galego non (sempre) son periferais. (contra O T
    1999)
  • En casos de narrow focus do suxeito, a orde
    sintáctica parece ser bastante flexible (notar os
    resultados na tarefa 1), suxerindo unha
    modificación na NSR de Zubizarreta (1998) para o
    galego
  • En casos de narrow focus do obxecto, a orde
    sintáctica preferida parece ser SVO. Xa que VOS
    parece ser (un pouco) mellor que VSO pode ser
    indicación que un obxecto coma información nova
    debe aparecer inmediatamente detrás do verbo.

24
Complicacións
  • dos 43 persoas que participaron na investigación,
    só 20 delas completaron os dous días de
    cuestionarios, o cal deixa 23 cuestionarios
    inúteis. 3 das persoas teñen 31-49 anos e foron
    excluídas (20 3 17 total)
  • dos 23 enriba, só 8 participantes entraron un
    enderezo de correo electrónico. Destes 8 con
    quens contactei, só 2 volveron a completar o
    segundo cuestionario. (17 2)
  • TOTAL 19 enquisas electrónicas completas

25
Limitacións e frustracións da investigación
  • O servidor da Univ. de Iowa ten límites sobre a
    cantidade de mensaxes en linguas estranxeiras que
    poidan aparecer
  • O ligazón automático entre tarefas non funcionou
    ben. Ao comezo, moitas persoas experimentaron
    problemas e frustracións.
  • Os archivos de audio non funcionaron ben con
    outros navegadores de Internet (só funcionou ben
    con Microsoft IE)
  • O estudo piloto non detectou todos os problemas
    (ortográficas e técnicas) cas enquisas

26
Limitacións e frustracións da investigación
  • Non todos os participantes puideron participar
    nas tarefas electrónicas
  • Polo feito que os participantes fixeron as
    enquisas pola Internet en casa foi imposible
    controlar as condicións nas tarefas cuantitativas
  • Por moitos factores (ubicación, cantidade de
    tempo dispoñible, falta de moitos contactos)
    recrutar participantes foi unha dificultade
  • Non todas as variables sociolingüísticas están
    representadas entre os participantes nesta
    investigación

27
Consellos e suxestións para futuras
investigacións deste tipo
  • No caso que for posible, sería ideal establecer
    un centro (céntrico e conveniente) onde se poida
    facer as enquisas. Coas linguas minorizadas o
    reto en canto a iso intensifícase.
  • Conseguir persoas de confianza que vaian
    completar as tarefas. Admito a posibilidade de
    non telles explicado ben de que se trataba.
  • Explicar/Aclarar mellor canto tempo vai durar
    cada tarefa

28
Agradecementos
  • Universidade de Iowa The Graduate College,
    Information Technology Services, GSS, ECGPS,
    Dept. of Spanish Portuguese, Paula Kempchinsky,
    Bill Davies, Alice Davidson, Jason Rothman,
    Roumyana Slabakova, Mercedes Niño-Murcia
  • Universidade de País Vasco María del Pilar
    García Mayo e colegas galegofalantes
  • Universidade de Vigo Fernando Ramallo, Javier
    Pérez-Guerra, Elvira Riveiro Tobío (e familia),
    Silvia Penas, Xemma Fernández, Daniel Barbero
    Patiño (e familia), Natalia García Blanco (e
    familia), a xente de Mos, Patricia Sotelo Dios,
    tódolos participantes nesta investigación, e
    moitos outros!
  • o meu correo-e timothy-gupton_at_uiowa.edu

29
Apéndice 1 tarefa 1
  • cond. B Suxeito coma información vella/coñecida
    (CLLD OK subordinación (Asher Vieu 2005,
    López 2009) Q A)
  • Contexto Xoán e Felipe son amigos. Están a
    falar da filla de Felipe.
  • Xoán Cantos anos ten a túa filla máis
    pequena?
  • A. Felipe Pois, Belén ten cinco anos.
  • B. Felipe Pois, ten Belén cinco anos.
  • C. Felipe Pois, ten cinco anos Belén.

30
Apéndice 1 tarefa 1
  • cond. C Obxecto coma información vella (CLLD OK
    subordinación Q A)
  • Contexto A mudanza. Carlos e Patricia son unha
    parella. Cando entran no seu piso novo, hai un
    montón de mobles no interior.
  • Patricia Caramba! Meteu a túa familia todos os
    mobles xa?
  • A. Carlos As cadeiras os meus tíos metéronas
    pero as mesas aínda non as meteron.
  • B. Carlos Os meus tíos meteron as cadeiras
    pero as mesas aínda non as meteron.
  • C. Carlos As cadeiras metéronas os meus tíos
    pero as mesas aínda non as meteron.

31
Apéndice 1 tarefa 1
  • cond. D Suxeito coma información vella (CLLD
    coordinación continuación/resultado)
  • Contexto Manuel e Agustín son amigos. Están a
    falar dos xogos olímpicos
  • Manuel Escoitaches?
  • Agustín O que?
  • Manuel Samuel Sánchez gañou unha medalla de
    ouro!
  • Agustín Si? Que ben!
  • A. Manuel Pois, si. E como resultado, o rapaz
    conseguiu un bo contrato de publicidade.
  • B. Manuel Pois, si. E como resultado, conseguiu
    o rapaz un bo contrato de publicidade.
  • C. Manuel Pois, si. E como resultado, conseguiu
    un bo contrato de publicidade o rapaz.

32
Apéndice 1 tarefa 1
  • cond. E Obxecto coma información vella (CLLD
    coordinación continuación/resultado)
  • Contexto Pedro viu a María na biblioteca o
    sábado.
  • A. O domingo, a rapaza viuna Marco alí tamén.
  • B. O domingo, a rapaza Marco viuna alí tamén.
  • C. O domingo, Marco viuna alí tamén.

33
Apéndice 1 tarefa 1
  • cond. F Só o suxeito é información nova (subject
    narrow focus)
  • Contexto Sandra e Beatriz son amigas. Sandra
    pregúntalle sobre unha caixa no seu piso.
  • Sandra Que é iso? Que bonito!
  • Beatriz Iso? Pois, é un regalo que chegou por
    correo para o meu aniversario.
  • Sandra Quen cho enviou?
  • A. Beatriz A miña irmá envioumo a semana
    pasada. Non vai poder vir para a miña festa.
  • B. Beatriz Envioumo a miña irmá a semana
    pasada. Non vai poder vir para a miña festa.
  • C. Beatriz Envioumo a semana pasada a miña
    irmá. Non vai poder vir para a miña festa.

34
Apéndice 1 tarefa 1
  • cond. G Só o obxecto é información nova (object
    narrow focus)
  • Contexto Afonso, Mateo e Beto son amigos.
    Afonso e Beto están a falar dun gran sorteo que
    houbo recentemente.
  • Afonso Gañou Mateo algunha cousa no sorteo?
  • Beto Pois, si.
  • Afonso Entón? Que gañou?
  • A. Beto O cabronazo gañou un televisor!
  • B. Beto Gañou o cabronazo un televisor!
  • C. Beto Gañou un televisor o cabronazo!

35
Apéndice 2 tarefa 2
  • cond. B Suxeito coma información vella/coñecida
    - SVO v. VSO
  • Veciño Quen foi o outro rapaz que vin hai
    pouco?
  • Manuel Foi o seu amigo, Fran. Veu para xogar ao
    baloncesto esta
  • tarde, pero non sabía que ___________ ten
    ___________ un exame
  • (Daniel)
  • mañá.
  • A. Veu para xogar ao baloncesto esta tarde, pero
    non sabía que ten
  • Daniel un exame mañá.
  • B. Veu para xogar ao baloncesto esta tarde, pero
    non sabía que ten
  • Daniel un exame mañá.
  • C. As dúas posibilidades.

36
Apéndice 2 tarefa 2
  • cond. C Obxecto coma información vella CLLDSV
    v. CLLDVS
  • Uxío E onde deixaron os outros mobles?
  • Henrique Uff! O sofá ___________ encontrouno
    __________ no
  • (a miña filla)
  • balcón.
  • A. O sofá a miña filla encontrouno no balcón.
  • B. O sofá encontrouno a miña filla no balcón.
  • C. As dúas posibilidades.

37
Apéndice 2 tarefa 2
  • cond. D Só o suxeito é información nova (subject
    narrow focus) - SV v. VS
  • Uxío - Quen che suxeriu esta empresa?
  • Henrique - _________ suxeriuma _________ porque é
    amigo do dono.
  • (o meu irmán)
  • A. Suxeriuma o meu irmán porque é amigo do dono.
  • B. O meu irmán suxeriuma porque é amigo do dono.
  • C. As dúas posibilidades.

38
Apéndice 2 tarefa 2
  • cond. E Só o obxecto é información nova (object
    narrow focus)
  • VSO v. VOS
  • Xulia Está lista xa a túa irmá?
  • Noelia Case, case...
  • Xulia Que busca?
  • Noelia Busca _____ a pobriña _____ para secar o
    pelo.
  • (unha toalla)
  • A. A pobriña busca unha toalla para secar o pelo.
  • B. Busca a pobriña unha toalla para secar o pelo.
  • C. As dúas posibilidades.

39
Apéndice 2 tarefa 2
  • cond. F Detractor NAdx v. AdxN
  • Xulia E non levas a túa mochila?
  • Noelia Que dis? A ______ mochila _______? Non.
  • (azul)
  • Perdina na praia hai un ano.
  • A. A azul mochila?
  • B. A mochila azul?
  • C. As dúas posibilidades.

40
Apéndice 3 Gupton (2006)
  • Summary of A/A indications for Galician
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com