Aprendizaxe baseada en problemas: aplicacin materia de Qumica Fsica I Termodinmica - PowerPoint PPT Presentation

1 / 9
About This Presentation
Title:

Aprendizaxe baseada en problemas: aplicacin materia de Qumica Fsica I Termodinmica

Description:

Benaventurados os pobres de esp rito porque deles o reino dos ceos ... Esto pod a dar unha pista de cal deles ter a o mellor rendemento se os motores ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:85
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 10
Provided by: carlosmanu9
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: Aprendizaxe baseada en problemas: aplicacin materia de Qumica Fsica I Termodinmica


1
Aprendizaxe baseada en problemas aplicación á
materia de Química Física I (Termodinámica)
2
Benaventurados os pobres de espírito porque deles
é o reino dos ceos
Benaventurados os que choran, porque eles serán
consolados
Benaventurados os que teñen fame e sede de
xustiza, porque eles serán saciados
Temos que saber todo eso?
Entrará esto no exame?
Nas outras clases non tíñan que aprender esto!!
Este home so fala de aventuras!!
Non haberá que presentar un resume desto?
A ver se para que teño que ir ó baño?
3
(No Transcript)
4
Por qué ABP?
  • Vense obrigados a reparar no que saben e no que
    descoñecen
  • Conectan coñecementos de varias materias
  • Os alumnos traballan cooperativamente
  • Aplican distintas destrezas

5
Dinámica
Presentación do problema, discusión dos
coñecementos necesarios, elaboración dun plan
para resolver o problema
Traballo individual ou en grupo dos membros
Clase(s) de teoría
Discusión e posta en común na clase dos
resultados.
Elaboración dun informe final
6
Exemplo 1
  • Un coche para cando me licencie
  • G.T.I., estudiante de empresariais na
    universidade de Vigo, está considerando que cando
    remate a carreira vai ter que mercar un coche.
    Vistas como están as cousas có petróleo, pensou
    el, ó mellor non está de mais ir contemplando as
    posibilidades de ter en poucos anos autos que
    funcionen con outro combustible. Xa escoitara
    falar dos coches de hidróxeno e tamén que no
    Brasil a maioría dos coches van con etanol. Pero
    o outro día leu no xornal a posibilidade de
    empregar como combustible o butanol (o artigo o
    tendes na seguinte folla). Se xa estaba un pouco
    liado, esto acabouno de complicalo mais, así que
    decidiu buscar consello de alguén mais experto na
    materia, polo que, sabendo que o ano pasado ti
    tiñas estudiado un curso de Física e este ano ías
    comezar con outro de termodinámica química,
    pensou que eras a persoa adecuada. Un día que te
    atopou na cafetería da facultade asaltoute cunha
    morea de preguntas
  • Aparte da dúbidas sobre a dispoñibilidade
    de cada combustible nun futuro próximo, el quería
    saber cal dos combustibles producía mais enerxía
    e canta mais, e como esta enerxía se transformaba
    en traballo, tamén cal deles producía mais CO2, e
    como se producían os óxidos de nitróxeno (el,
    dixo, non é moi ecoloxista pero nunca se sabe o
    que pode pasar no futuro) e por outro lado lle
    preocupaba a eficacia do combustible. Neste
    momento ti recordaches do curso de Física do ano
    pasado que o rendemento máximo dunha máquina
    cíclica térmica (a relación entre o traballo
    realizado pola máquina e a calor intercambiada)
    viña dado pola expresión onde Tquente é a
    temperatura da máquina antes de realizar a
    conversión da calor en traballo e Tfrio a
    temperatura da máquina unha vez realizado o
    traballo. Esto podía dar unha pista de cal deles
    tería o mellor rendemento se os motores
    funcionasen idealmente, pero desgraciadamente non
    lle podías dar, así de súpeto, na cafetería, unha
    resposta a todas esas preguntas sen antes ter que
    facer algúns cálculos. A G.T.I. non lle importou
    demasiado, dixo que non tiña moita presa, pero
    que se lle dabas a información lle puxeses os
    resultados con números, porque así podería
    incorporalos no seu algoritmo de decisión de
    compra de coche novo (era un estudiante de
    empresas un pouco freaky) e ademais en cantidades
    que el entendese, nada de moles e todas esas
    palabras raras que empregan os químicos e, xa de
    paso, se lle podías comprobar os números que saen
    no artigo do xornal.

7
Exemplo 2
8
Experiencia
  • Inercia inicial ante algo descoñecido
  • Sensación de estar perdidos
  • Dificultade para integrarse dentro do grupo
  • Tendencia a realizar sempre o mesmo tipo e
    cantidade de traballo no grupo.
  • Falta de organización (xente facendo o mesmo
    traballo ó mesmo tempo)
  • O profesor ten que intervir no grupo demasiado

9
Experiencia
  • Mellora do traballo en grupo
  • Discusións animadas
  • Mellora na seguridade ó expresar unha opinión
  • Iniciativa na toma de decisións
  • Maior participación nas clases de teoría
  • Manexo adecuado dos conceptos
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com