Dixese sorprender - PowerPoint PPT Presentation

1 / 17
About This Presentation
Title:

Dixese sorprender

Description:

Qu nos diferencia? Iniciativa 100% galega adicada intermediaci n laboral entre demandantes de ... Qu nos diferencia? A mellora continua ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:34
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 18
Provided by: RE97
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: Dixese sorprender


1
Déixate sorprender
2
O Portal de Emprego e Formación de Galicia
  • Quén somos?
  • Por qué nacemos?
  • Qué ofrecemos?
  • Qué nos diferencia?

3
Quén somos?
  • Iniciativa 100 galega adicada á intermediación
    laboral entre demandantes de emprego e empresas.
  • Medio de mellora profesional para tódalas
    persoas que queren atopar un traballo ou mellorar
    o que xa teñen. Só se precisa un ordenador con
    conexión a Internet o acceso é totalmente libre
    e gratuito para os candidatos.
  • Grupo de profesionais con ampla experiencia na
    xestión de Recursos Humáns.

4
Obxetivos
  • A implantación e desenvolvemento dun portal de
    emprego en Internet centrado no ámbito de
    Galicia.
  • O asesoramento e consultoría en materia de
    emprego a Administracions Públicas, empresas e
    traballadores.
  • A formación para o desenvolvemento do carácter
    emprendedor e o auto emprego.
  • O estudo, reflexión, análise e procura de
    solucións para a conservación e a mellora da
    empregabilidade en Galicia.

5
Por qué nacemos?
Nacemos da necesidade de crear un verdadeiro
punto de encontro entre demandantes e ofertantes
de emprego, que permita a súa posta en contacto
dun xeito útil, rápido e eficaz. Nacemos coa
vocación de selo referente do sector emprego e
formación en Galicia. Queremos ser un marco
integrador de toda a información xerada polo
mercado laboral, e das diferentes iniciativas
públicas e privadas en prol do emprego e a
formación. Queremos ser unha ferramenta útil que
de resposta ás necesidades do noso mercado.
6
Quén oferta traballo e onde o fai? Quén busca
traballo e onde o fai? A partires de agora, en
Galicia
7
Qué ofrecemos?
Rapidez, eficacia, aforro, difusión e comodidade
son os principios nos que se basea a utilidade do
noso servicio. Todos iguais de importantes para
os nosos usuarios, sexan candidatos ou empresas,
porque a calidade dun servicio non pode depender
de a quén vai dirixido.
8
Rapidez
Para os traballadores
  • Porque adicando só 4 minutos a introducilo seu
    currículo poderán acceder ás ofertas de emprego
    das principais empresas.
  • Cun só clic e sen horarios, poderán inscribirse
    nelas e coñecer en tempo real o estado da súa
    candidatura no proceso de selección.

Para as empresas
  • Sómolo medio máis rápido para atopar os
    candidatos que precisan nos seus procesos de
    reclutamento e selección.
  • Cun só clic e sen horarios, a empresa pode
    publicar ofertas e recibir solicitudes de xeito
    inmediato.

9
Eficacia
Para os traballadores
  • Porque poden inscribirse directamente na oferta
    que máis lles interese, ou agardar a que a
    empresa consulte os currículos e se poña en
    contacto con eles.

Para as empresas
  • Porque dispoñemos dunha base de datos completa
    e actualizada cos currículos dos mellores
    profesionais do mercado galego.

10
Aforro
Para os traballadores
  • Porque é un servicio totalmente gratuito no que
    poderán actualizar ou modificar o seu currículo
    sempre que queiran, imprimilo ou envialo
    directamente por e-mail.

Para as empresas
  • Porque lles axudamos a simplificala xestión dos
    seus Recursos Humáns
  • Canto lle custaría a unha empresa manter vixente
    unha oferta en prensa durante 60 dias. Canto
    lle custa a xestión de todolos curriculums que
    recibe en formato papel?

11
Difusión
Para os traballadores
  • Porque estarán no mellor escaparate posible
    para a búsqueda ou mellora do seu emprego. Somos
    unha ferramenta de reclutamento para empresas, e
    queremos que a procura dos seus candidatos ideais
    se inicie en Galiciaempleo.net

Para as empresas
  • Porque a nosa páxina será a web sobre emprego
    máis visitada de Galicia e unha das primeiras de
    ámbito nacional. A súa empresa será a máis vista
    na nosa Comunidade.

12
Comodidade
Para os traballadores
  • Porque teñen todo o que precisan nun único
    lugar, as 24 horas do día ofertas de emprego,
    listado de cursos de formación, xestión do
    currículo, consellos laborais, sección de
    noticias, etc.

Para as empresas
  • Clasificación dos seus procesos de reclutamento
    e selección nun unico lugar de xeito claro e
    rápido, as 24 horas do día.

13
Cómo o ofrecemos?
A nosa páxina web baséase en dous principios
claridade e utilidade. Dun xeito sinxelo e
práctico, poderás acceder dende a paxina
principal ós servicios que che interesen.
14
Menú Privado Do Candidato En 4 minutos e con 4
sinxelos pasos, os candidatos poderán insertar o
seu currículo e descubri-lo universo de servicios
de Galiciaempleo.net inscribirse directamente
nas ofertas das principais empresas de Galicia,
consultalo estado das súas candidaturas en tempo
real, xestionalo seu currículo
15
Menú Privado de Empresa As empresas poden
consulta-los currículos dos candidatos inscritos
nas súas ofertas, busca-los directamente na nosa
base de datos, publicar cursos
16
Qué nos diferencia?
  • A mellora continua
  • Somos unha empresa innovadora, producto da
    experiencia e constante evolución dos
    profesionais de recursos humáns que integran o
    proxecto de Galiciaempleo.net
  • A calidade
  • Non nos limitamos a poñer nas súas mans unha
    ferramenta de xestión dos seus procesos de
    reclutamento e selección. A implicación co
    cliente e o compromiso de dar a mellor resposta
    ás súas necesidades é o primeiro paso para gañala
    súa confianza.
  • O coñecemento
  • Ninguén pode coñecer mellor a realidade e as
    necesidades do mercado galego que unha empresa
    que traballa con profesionais de Galicia e para
    Galicia.

17
Teléfono de atención al cliente902 200
500informacion_at_galiciaempleo.net
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com