Reino Unido de Gran Bretaa e Irlanda do Norte - PowerPoint PPT Presentation

1 / 28
About This Presentation
Title:

Reino Unido de Gran Bretaa e Irlanda do Norte

Description:

... a Irlanda e a Gales adoptaron as costumes celtas e as s as linguas, que se ... m is sur foron collendo costumes inglesas, mentres os habitantes das Terras ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:62
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 29
Provided by: person59
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: Reino Unido de Gran Bretaa e Irlanda do Norte


1
  • Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte

2
POLÍTICA DO REINO UNIDO
  • O Reino Unido é unha monarquía parlamentaria
    baseada nunha constitución non escrita.
  • O actual monarca é a raíña Isabel II que subiu ó
    trono en 1952, e o seu herdeiro é o seu fillo
    Carlos, príncipe de Gales.
  • O soberano británico é o xefe de Estado e a
    máxima autoridade da Igrexa, tamén é xefe do
    poder executivo, parte do lexislativo e o do
    poder xudicial.
  • Poder executivo encárgase o goberno da raíña,
    que vén sendo o partido con maioría nos Comúns e
    o seu líder pasa a se-lo primeiro ministro.
  • Cámara dos Lores
    composto por membros seculares e
  • relixiosos.
  • Poder lexislativo

  • Cámara dos Comúns os 659 membros son elixidos
    por sufraxio universal. Cada Parlamento ten unha
    duración de 5 anos.
  • Poder xudicial Inglaterra, Gales, Escocia e
    Irlanda do Norte teñen os seus propios sistemas
    legais.
  • Partidos Políticos domina basicamente un sistema
    bipartidista temos o Partido Conservador
    (herdeiro dos torys) e o Partido Laborista (de
    orientación socialdemócrata). Por outro lado
    temos o Partido Liberal que estivo no goberno de
    forma periódica, cando perdeu os apoios uniuse ó
    Partido Socialdemócrata para crea-lo Partido
    Liberal Demócrata, a 3ª forza política británica.

3
Isabel II e o seu fillo Carlos de Inglaterra
4
HISTORIA DO REINO UNIDO
5
Prehistoria
  • 1000 a.C., comezos da Idade de Ferro Celtas
    dende o leste de Francia a Austria, Suíza e sur
    de Alemaña.
  • Dende o s.VIII a.C. van entrando nas Illas
    Británicas, sobre todo entre os anos 600 e 500
    a.C.
  • Conviven cos habitantes anteriores e usan os seus
    santuarios. Recórdanse coma un pobo misterioso.
  • Dúas importantes obras arquitectónicas son o
    Stonehenge e o Silbury Hill, o maior túmulo de
    Europa (en Wiltshire, no suroeste de Inglaterra)

6
O período romano (43-410)
  • Os romanos conquistaron a maior parte de
    Inglaterra e gales provincia romana Britannia.
  • Non chegaron a Irlanda e só causaron influencia
    no sur de Escocia.
  • Impoñen cultura, latín, roupa, e usan a
    aristocracia celta para gobernalos.
  • Bitannia é para os romanos unha colonia, só
    exercen control nas cidades, e non no campo, que
    segue coa cultura celta (e métodos)
  • Os scots irlandeses foron a Escocia e uníronse
    cos pictos (escoceses) nun fronte común contra os
    romanos.
  • Os celtas quedaron divididos en dous
  • -Bretóns galeses en ingleses (non opuxeron
    resistencia
  • -Gaélicos irlandeses e escoceses (non
    aceptaron ós romanos)

Londinium
  • Cando marcharon os romanos non deixaron nada
    (mesmo Londinium foi destruída).
  • Topónimos derivados de castra Lancaster, Chester
    e Gloucester.

7
As invasións xermánicas (410-1066)
  • No s.V os celtas foron invadidos por moitos pobos
    do noroeste de Europa. Os máis importantes foron
    os anglos e os saxóns.
  • Os anglosaxóns dominaron pronto o sueste , pero
    atoparon resistencia no oeste por parte do rei
    Arturo e os seus (celtas bretóns).
  • No s.VI tiñan conquistada Inglaterra e o sur de
    Escocia, pero a cultura bretona perduraba en
    Gales, Cornwall e no oeste de Escocia.
  • Tiñan interese polo campo, non polas cidades, e
    melloraron a agricultura e crearon aldeas
    autosuficientes (que tiveron éxito durante uns
    100 anos e foron a base da sociedade inglesa da
    época.

Rei Arturo (arriba) San Agustín (abaixo)
  • Os anglosaxóns primeiro eran pagáns, pero
    convertéronse ó cristianismo nos s. VI e VII
    porque
  • -597 San Agustín chegou a Canterbury
    (Suroeste de Inglaterra) dende Roma.
  • -Dende Irlanda (católica dende 150 anos
    antes) chegaron católicos a Escocia e ó norte de

    Inglaterra.

8
(As invasións xermánicas)
  • No século VIII houbo unha nova invasión
    xermánica os viquingos, de Escandinavia.
  • Asentáronse nos extremos norte e oeste de Escocia
    e nas zonas costeiras de Irlanda durante o s. IX.
  • Pero en Inglaterra, o rei Alfredo do reinado dos
    saxóns de Wessex derrotounos e dividiron os
    territorios segundo un pacto
  • -Inglaterra sur e oeste.
  • -Danelaw norte e leste.
  • Aínda que fixeron estas divisións, os danes
    (viquingos) e os anglosaxóns procedían todos do
    mesmo lugar e compartían cultura e falaban dous
    dialectos do xermánico, que foron a base do
    inglés moderno.
  • Esto e aa conversión dos danes ó cristianismo
    levounos a ter un só rei a finais do s. X, así
    como cultura xermánica.
  • Os actuais escoceses uníronse nesa época formando
    o reinado gaélico (celta)

Pico dentado da Great Skelling Irlanda
9
Idade Media
  • 1066 batalla de Hastings, na que os invasores
    normandos pelexaron contra os ingleses, que
    intentaban defenderse. Tras unha loita
    encarnizada, ganou o duque Guillerme de
    Normandía, ó que lle chamaron Guillerme o
    Conquistador.
  • As anteriores relacións con Escandinavia só
    perduran nas illas escocesas do oeste ata o s.
    XIII e nas do norte ata o XV, que estaban baixo o
    reinado escandinavo. Mentres, en Inglaterra
    ábrense as relacións con Europa occidental.
  • Os ingleses pelexan contra os franceses pola
    posesión de terras do continente.
  • A invasión normanda foi a pequena escala non
    houbo campamentos. Ós guerreiros normandos
    déronselles terras para gobernar
  • Reigtbarónsgtseñores feudais (cunha
    aldea)gtcampesiños
  • Os nobres eran todos normandos francófonos,
    mentres que os campesiños, que estaban baixo as
    ordes dos señores feudais, eran saxóns
    anglófonos.
  • Comezo do sistema de clases inglés.

10
(Idade Media)
  • Nos seguintes 250 anos a monarquía anglo-normanda
    extendeuse. Considerábase a máis forte de Gran
    Bretaña.
  • A finais do s. XIII Gales e gran parte do leste
    de Irlanda estaban baixo o reinado inglés. Foi
    neste momento cando naceu a denomicación de
    príncipe de Gales.
  • Escocia seguiu tendo independencia, pero tivo que
    loitar de vez en canto para mantela.
  • Aínda que foron conquistados polos normandos,
    triunfou o inglés e o concepto de lei dos
    anglosaxóns, base do sistema legal.
  • Os poucos normandos que foron a Irlanda e a Gales
    adoptaron as costumes celtas e as súas linguas,
    que se mantiveron vivas.
  • Pero os escoceses que vivían máis ó sur foron
    collendo costumes inglesas, mentres os habitantes
    das Terras Altas seguiron fieis ó rei escocés.
  • A aportación dos normandos foi boa, porque por
    exemplo, en 1295, cambiaron o concepto de
    parlamento, que pasou de ser unha asamblea de
    nobles convocada polo rei, a acoller tamén ós
    representantes das zonas urbanas e rurais.

11
Século XVI
  • 1455-1485 Guerra das Rosas. Os seguidores do
    duque de Lancaster (rosa vermella) loitaron
    contra os seguidores do duque de Iork (rosa
    branca) polo poder. Rematou cando Henrique VII
    matou a Ricardo III na batalla de Bosworth Field.
    Os baróns debilitáronse e o poder do rei
    aumentou.
  • Peste bubónica (Black Death) Morreu un tercio da
    poboación a metade do s. XIV, e continuaron
    aparecendo brotes durante 300 anos.
  • 1485-1603 dinastía dos Tudor. O rei tiña
    profesionais que controlaban á xente e non
    necesitaba xa ós lores.
  • O parlamento dividiuse na Cámara dos Comúns
    (representantes das cidades e das zonas rurais) e
    a Cámara dos Lores (aristocracia feudal e líderes
    da igrexa). Os lores son os señores feudais.
  • O rei estaba interesado pola Cámara dos Comúns,
    porque eran os que tiñan os cartos.

12
(Século XVI)
  • 1534 Henrique VIII separouse da Igrexa porque
    non podía divorciarse e instalouse como cabeza da
    Igrexa protestante. Así controlaba os ingresos e
    conseguía máis cartos.
  • Dende ese momento houbo un renovado sentimento
    patriótico en Inglaterra. Xa non tiñan terras no
    continente, e víanse coma unha illa-
  • -nación. Xa non se sentían no linde de Europa
    grazas ás exploracións en América.
  • Shakespeare comezou a escribir a finais deste
    século optimista.
  • Protestantismo
  • -Anglicanismo en Inglaterra seguían facendo
    os ritos do catolicismo.
  • -Calvinismo nas Terras Baixas de Escocia eran
    máis idealistas e non lles gustaban os ritos.
  • Catolicismo nas Terras Altas e en Irlanda, que
    vían o protestantismo coma unha forma de
    dominación/control dos Ingleses.
  • Isabel I, filla de Henrique VIII foi a súa
    sucesora. Nunca casou, e chamábana a raíña virxe.
    Por ela puxéronlle Virxinia ó actual estado
    estadounidense.

Henrique VIII e as súas esposas.
Isabel I
13
Século XVII
  • Xaime VI de Escocia, da dinastía Stuart, pasou a
    ser tamén Xaime I de Inglaterra. Uniron os
    reinos, pero non o parlamento nin os sistemas
    administrativo e xudicial
  • A lingua dos escoceses das Terras Baixas
    consolidouse, pero os protestantes en lugar de
    traducir a Biblia ó scots, traducírona ó inglés,
    que pasou a ser a lingua oficial do reino.
  • A política e a relixión están máis unidas ca
    nunca. En 1649 tivo lugar a Guerra Civil, porque
  • -Ó parlamento non lle gustaban que o rei non
    contara coa Cámara dos Comúns, como era
    tradicional, á hora de tomar decisións.

Xaime VI de Escocia e I de Inglaterra
Oliver Cromwell
  • -Ó protestantismo ideolóxico e o puritanismo
    non lles gustaban as prácticas inmorais do rei
    nin que a dinastía Stuart fora partidaria do
    catolicismo.
  • A guerra ganouna o parlamento, e decapitaron a
    Carlos I. O líder do parlamento Oliver Cromwell
    tomou o poder da incipiente república (a única),
    á que chamaron a Commonwelth.
  • Por primeira vez gobernaron as Illas Británicas
    na súa totalidade, xa que atacaron de forma
    brutal a defensa de Irlanda.
  • En 1660, cando morreu O. Cromwell, pasou a
    gobernar o fillo de Carlos I e reinstaurouse o
    anglicanismo.

14
(Século XVII)
  • En 1688 houbo unha revolución, que rematou co
    príncipe Guillerme de Orange, gobernador de
    Edinburgo, e a súa muller Mary Stuart, como rei e
    raíña, trala petición do parlamento.
  • Gobernaban co soporte do parlamento, que escribiu
    uns dereitos que limitaban os poderes da
    monarquía.
  • Ademais, permitían practicar outras relixións, e
    a presbiteriana pasou a ser a relixión oficial de
    Escocia.

O príncipe Guillerme de Orange e Mary Stuart
Guillerme de Orange
Xaime II
  • Xaime II volveu a Irlanda polas súas tropas, pero
    foran derrotadas.
  • Os presbiterianos escoceses que estaban en contra
    do catolicismo asentáronse en Ulster.
  • Hoxe en día a metade da poboación de Irlanda do
    Norte son os seus descendentes, e a outra metade
    son os nativos irlandeses.

15
Século VIII Un século de conflitos
  • Inglaterra e Escocia formaron o reino de Gran
    Bretaña mediante a Acta de Unión de 1707.
  • Nesta época o país máis poboado e poderoso de
    Europa era Francia, mais mediante o Tratado de
    Utrecht ganou a Francia as zonas americanas da
    baía de Hudson, Nova Escocia e Terranova e a
    España Xibraltar e a illa de Menorca.
  • Como a raíña Ana Estuardo non tivo fillos que
    sobreviviran foi sucedida polo seu parente máis
    próximo, o elector de Hannover, que chegou de
    Alemaña e foi proclamado rei en 1714 co nome de
    Xurxo I de Gran Bretaña.
  • Robert Walpole coñecido como o primeiro ministro
    en 1721
  • dominou e creou a maquinaria do goberno xa que o
    rei, que
  • non sabía falar inglés, pasaba longas temporadas
    en Alemaña
  • ocupándose das súas posesións alemás.

16
  • A GUERRA DOS SETE ANOS foi unha serie de
    conflitos internacionais que se produciron entre
    1756 e 1763, co obxectivo de consegui-lo control
    sobre Silesia, e a supremacía colonial en América
    do Norte e na India. Participaron as principais
    potencias europeas, en concreto Prusia, Gran
    Bretaña e Hannover por unha banda, e Austria,
    Saxonia, Francia, Rusia, Suecia e España pola
    outra. No espazo norteamericano denominouse
    Guerra Francesa e India. A guerra rematou co
    Tratado de París en 1763 polo cal se cederon a
    Gran Bretaña os dominios franceses sobre Canadá e
    os territorios ó leste do río Mississippi, e
    moitos da India. España que entrou na guerra no
    1762 tivo que ceder Florida. O Tratado de Paría
    marcou o auxe do Imperio Británico no século
    XVIII.

17
  • A GUERRA DE INDEPENDENCIA AMERICANA O goberno
    británico intentou reforza-las regulacións
    mercantís e pór en segundo plano a lexislación
    colonial de Norteamérica. A resistencia dos
    colonos e o aumento das hostilidades fixo que a
    autoridade do goberno inglés nas trece colonias
    se colapsara no ano 1775. A guerra duraría ata o
    ano 1783, ano no que se asina un tratado de paz,
    o Tratado de París de 1783. Gran Bretaña
    recoñeceu a independencia das súas antigas
    colonias, que adoptarían o nome de Estados Unidos
    de América.

18
UN SÉCULO DE PAZ


  • o tráfico ferroviario multiplicouse e as vías
    existentes medraron ata
    os 10600 km en 1850.



  • o telégrafo aumentou a rapidez das
    comunicacións.
  • Foron séculos marcados por unha
  • gran prosperidade económica
    desenvolvemento na
    construción de barcos de vapor.


  • mellores condicións de vida da clase
    traballadora sindicatos (1868)

19
A ERA DAS GUERRAS MUNDIAIS
  • A I GUERRA MUNDIAL Aínda que o aumento da
    competitividade naval entre Reino Unido e Alemaña
    se cite a miúdo como a causa da I Guerra Mundial,
    foi a ameaza alemá a Francia e a invasión de
    Bélxica, rompendo o seu estatus de neutralidade,
    o que incitou ó Reino Unido a declara-la guerra.
  • A intervención estadounidense na guerra
    dese ano fixo varia-lo equilibrio de poder
    facendo posible unha vitoriosa ofensiva. Cos
    tratados resultantes da Conferencia de Paz de
    París de 1919 o Imperio británico ampliou os seus
    territorios as antigas colonias alemás en África
    e as posesións turcas no Oriente Próximo pasaron
    a ser mandatos británicos.

20
  • A II GUERRA MUNDIAL
  • Esta guerra supuxo o nacemento dun novo orden
    mundial dominado por Estados Unidos e a Unión de
    Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS).
  • Hitler dominaba gran parte de Europa.
  • O ministro británico naquela era Winston
    Churchill.
  • Gran Bretaña como outras grandes potencias
    europeas (Alemaña e Francia) sufriron grandes
    perdas económicas, perdas de vidas humanas e
    experimentaron un duro golpe dende o punto de
    vista militar.

21
(No Transcript)
22
  • TRIPLE ENTENTE Gran Bretaña, Francia e Rusia.
  • TRIPLE ALIANZA Alemaña, Austria e Italia.
  • Os EUA xogaron un papel na historia destes
    momentos ó participaren na guerra.

23
(No Transcript)
24
A DÉCADA DE THATCHER
  • Margaret Thatcher, primeira muller en ser
    ministra do Reino Unido. Foi coñecida como a
    dama de ferro.
  • Estivo no cargo 11 anos e lideraba o Partido
    Conservador.
  • Durante o seu mandato fíxose evidente o deterioro
    de varios servizos sociais como a educación e a
    Saúde.
  • Tivo un papel activo na acción de enviar tropas
    para defende-lo territorio das Illas Maldinas.
  • A súa dimisión en novembro de 1990 foi o
    resultado dunha división interna entre os
    conservadores.

25
A SUCESIÓN DE MAJOR
  • John Major sucedeu a Margaret Thatcher tanto na
    dirección do partido como na do goberno. O seu
    goberno estivo marcado por dous cuestións
    orienta-la política económica para cumpri-los
    obxectivos do Tratado de Maastricht, e acadar
    acordos que permitan a pacificación de Irlanda do
    Norte.

26
O NOVO LABORISMO NO PODER
  • O líder laborista Tony Blair venceu nas eleccións
    celebradas o 1 de maio de 1997.
  • O novo primeiro ministro deseñou o chamado Novo
    Laborismo que estaba baseado en dar un maior
    papel ós elementos centristas e en relegar a un
    segundo plano os postulados máis de esquerda e
    menos favorables á plena adhesión á Unión
    Europea.
  • No seu goberno conseguíronse dúas cousas moi
    importantes
  • a celebración dun referendo para unha maior
    autonomía e para a constitución dos parlamentos
    autónomos de Escocia e Gales.
  • o cese da violencia por parte do grupo terrorista
    do IRA (Irish Republic Army).

27
Apoio a Bush na guerra a Iraq
  • O goberno de Blair formou parte da coalición
    internacional americana contra o terrorismo
    tralos atentados que sufriu Nortamérica o 11 de
    setembro de 2001, e dos que Estados Unidos
    responsabilizou ó terrorista Osama Bin Laden.
    Así, forzas británicas participaron nas primeiras
    accións bélicas contra Afganistán. O gabinete de
    Blair continuou ofrecendo un sólido apoio ó
    estadounidense George Bush.
  • A campaña electoral das eleccións de 2005
    estiveron moi mediatizadas pola polémica
    actuación do goberno de Blair en Iraq (onde
    finalmente non se atoparon as armas químicas nin
    biolóxicas, unha das razóns polas que os EUA
    decidiron invadir aquel pais). Con todo, o
    partido Laborista de Blair volveu gañar e con
    maioría absoluta.

28
XEOGRAFÍA
  • A maioría da xente vive en Inglaterra, e canto
    máis ó norte menos xente hai. Excepto en Glasgow,
    Edinburgo e os seus arredores. En Gales e Irlanda
    tampouco hai tanta poboación. En Irlanda
    concéntrase no sur e no leste, e sobre todo en
    Irlanda do Norte.
  • País (Country) Reino Unido, dividido en Escocia,
    Gales, Inglaterra e Irlanda do Norte.
  • País dividido en rexións.
  • Rexións divididas en subdivisións administrativas
    chamadas condados (County). Hai 86.
  • Tamén hai municipios (Borough) con Concello
    propio, e barrios (districts).
  • As cities son as cidades grandes.
  • As towns son cidades máis pequenas, máis ben
    vilas.
  • As villages son as aglomeracións máis pequenas de
    habitantes, as aldeas.

Condados
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com