SE CONVIVIMOS TANTO RATO ''' POR QUE NON DARNOS O MELLOR TRATO CEIP Carlos Casares Autoras: Carmen V - PowerPoint PPT Presentation

1 / 20
About This Presentation
Title:

SE CONVIVIMOS TANTO RATO ''' POR QUE NON DARNOS O MELLOR TRATO CEIP Carlos Casares Autoras: Carmen V

Description:

Mar a Rosa Alonso Alonso, Carmen Ara jo Ara jo, Pilar Amoedo Mart nez, Felisa ... axudarse, protexer s m is d biles ou incapaces, aprender, divertirse, coidarse. ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:121
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 21
Provided by: Bru6181
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: SE CONVIVIMOS TANTO RATO ''' POR QUE NON DARNOS O MELLOR TRATO CEIP Carlos Casares Autoras: Carmen V


1
SE CONVIVIMOS TANTO RATO ...POR QUE NON DARNOS
O MELLOR TRATO?CEIP Carlos
CasaresAutoras Carmen Valcárcel Juárez
Margarita Mouriño LouridoMª Ermitas Pérez
ReyMatilde Villar GómezParticipantes María
Rosa Alonso Alonso, Carmen Araújo Araújo, Pilar
Amoedo Martínez, Felisa Cadavid Grande,
Florentino Canabal Espiña, Cristina Fernández
Ameal, Marta González Quintana, José Alberto
López Vázquez, María Rosa Maneiro Barreiro,
Emilia Quintas Blanco, Noelia Mª Rebollido
Fernández e Francisca Salgado Sampedro.
2
  • Con este proxecto quixemos facer reflexionar
    conxuntamente ó profesorado e ó alumnado do
    centro sobre a importancia de tratarse ben,
    entendendo por isto un amplio conxunto de
    comportamentos que abranguen desde camiñar amodo
    para evitar accidentes ata a comprensión de
    conceptos moito máis abstractos como o respecto
    ás diferencias, a tolerancia, a colaboración, a
    aprendizaxe entre iguais, etc.

3
Un proxecto transversal.
  • A educación en valores é imprescindible se
    queremos preparar persoas capaces de construír un
    mundo mellor.
  • Constatamos unha ampliación das funcións da
    escola como axente de socialización.
  • Resúltanos difícil introducir estes valores na
    concepción disciplinar do currículum.

4
Día da Paz 2006
  • Abordar o tema dos valores rompendo os
    grupos-clase, saíndo das aulas, analizando os
    diferentes momentos da vida escolar en toda a súa
    amplitude, e elaborando unha obra gráfica capaz
    de expresar o aprendido neste traballo.

5
Obxectivos.
  • Despertar o interese por coñecer ás persoas que
    nos rodean e por descubrir os seus valores.
  • Adquirir unha progresiva sensibilización cara ó
    coidado do trato cos demais.
  • Comprender a importancia dunha convivencia
    pacífica entre compañeiros e compañeiras.
  • Aceptar, comprender e respectar a identidade,
    características e cualidades das persoas que nos
    rodean.
  • Valorar as diferencias individuais dun xeito
    integrador.
  • Rexeitar todo tipo de discriminación, así como
    todo tipo de xerarquización de valores,
    cualidades ou capacidades.
  • Empregar en todo momento bos modais na relación
    cos compañeiros, compañeiras e profesorado.
  • Valorar a importancia do bo trato entre
    compañeiros e compañeiras.
  • Recoñecer a importancia de compartir, axudarse,
    protexer ós máis débiles ou incapaces, aprender,
    divertirse, coidarse.
  • Atender ós demais como nos gustaría que nos
    tratasen a nós.

6
Para tratarnos mellor
  • RESPECTÁMONOS
  • COMPARTIMOS
  • APRENDEMOS
  • TRABALLAMOS
  • PERDOÁMONOS
  • XOGAMOS
  • DIVERTÍMONOS
  • ACEPTÁMONOS
  • AXUDÁMONOS
  • SORRIMOS
  • CONVIVIMOS
  • SAUDÁMONOS
  • COIDÁMONOS
  • QUERÉMONOS
  • PROTEXÉMONOS

7
Estratexias didácticas
  • Participación do alumnado en tódolos aspectos
    posibles (elección do tema, elaboración das
    normas de traballo de cada grupo, toma de
    decisións, etc.)
  • Traballo cooperativo.
  • Provocación de conflictos sociocognoscitivos en
    temas afectivos.
  • Proposta de experiencias que cuestionen
    estereotipos.
  • Adopción de posturas integradoras ante a
    diversidade de alumnado.
  • Fomento do traballo simbólico, con asunción de
    roles para abordar determinados conflictos,
    angustias e situacións da vida que dificilmente
    se poderían tratar de xeito directo.

8
Ficha de traballo.
  • Que significa para ti a palabra ______________ ?
  • Busquemos tres situacións nas que estemos
    ________________ correctamente.
  • Pensemos agora nesas mesmas situacións pero sen
    _____________.
  • Pechamos os ollos. A profesora narra unha
    historia na que se pon en evidencia unha
    situación da vida do colexio na que falla este
    concepto nárrase desde o punto de vista da
    víctima. Como te sintes?
  • Dramatización. Creamos personaxes (desvinculando
    o comportamento habitual do neno ou nena dese que
    queremos inculcarlle) que representan unha
    situación na que este concepto non se pon en
    práctica.
  • Redefinimos a situación anterior mellorándoa.
    Previamente acordamos as correccións que habería
    que introducir para acadar esta mellora.
  • Redactar un pequeno texto para ler no Festival da
    Paz, no que se reflexen as conclusións de cada
    grupo.
  • Decidir como podemos, co noso corpo, expresar o
    que aprendimos con este traballo. Farase unha
    fotografía por grupo, ou ben poden ser varias.
    Con todas elas, comporemos un mural para ter
    sempre presente a importancia de tratarnos ben.

9
  • Marta González Quintana, interpretando cancións
    tradicionais coa súa arpa durante o Festival da
    Paz, no que se deu lectura ós textos elaborados
    por tódolos grupos.

10
  • Con Mª Ermitas Pérez Rey, directora do centro.

11
  • Un grupo de alumnado durante o festival, coas
    coroas que lembraban o lema do proxecto
    traballado.

12
COMPARTIMOSUnha das fotografías do grupo
Compartimos, que compuxeron finalmente o gran
mural que presidiu a entrada do centro durante
todo o ano.
13
RESPECTÁMONOS
14
XOGAMOS
15
CONVIVIMOS
16
DIVERTÍMONOS
17
TRABALLAMOS
18
PERDOÁMONOS
19
PROTEXÉMONOS
20
Protexémonos
  • Quero protexerte das caídas, dos perigos, dos
    golpes,
  • das feridas, dos insultos, da envexa, das
    mentiras,
  • do frío, da chuvia, da ventisca ...
  • E sentírmonos seguros, sen medos e sen iras.
  • Sabendo que ti me tés, para todo e sen medida.
  • Quero construír un cole onde protexernos con
    sabiduría
  • sexa a cousa máis común entre nós tódolos días.
  • Conta comigo, e coa miña compañía,
  • para construír un mundo onde non exista a
    malicia.
  • Onde te protexerei e me protexerás das cousas
    malas
  • da vida, onde tratarnos da mellor maneira non
    teña que ser
  • noticia.
  • Matilde Villar Gómez e o alumnado do seu grupo
    Protexémonos
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com