Diapositiva 1 - PowerPoint PPT Presentation

1 / 26
About This Presentation
Title:

Diapositiva 1

Description:

O idioma a chave coa que ... No ano 2002 publicouse nos medios de comunicaci n un artigo ... recollimos todos os datos, que conclusi ns podemos tirar deles? ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:37
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 27
Provided by: correl
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: Diapositiva 1


1
O idioma é a chave
UNIDADE DIDÁCTICA DO CORRELINGUA EDUCACIÓN
PRIMARIA
2
Falamos galego
  • O idioma é a chave coa que abrimos o mundo.

Por que, ao falar do noso idioma, Manuel María o
identifica cunha chave?
3
  • Os mozos e as mozas falan o galego?
  • No ano 2002 publicouse nos medios de comunicación
    un artigo que recollía os datos do proxecto
    Galbreus, un proxecto que estudaba o uso da
    lingua entre os escolares galegos, vascos e
    bretóns.
  • Alí recollíase que
  • Entre 1990 e 2000 un 6,6 por cento dos mozos, ou
    sexa, máis de seis de cada cen mozos, deixaron de
    falar galego
  • Só a décima parte dos rapaces e rapazas son
    monolingües en galego, e menos da décima parte se
    desenvolve por igual en galego e en castelán.
  • Na escola, só a quinta parte dos rapaces recibía
    en galego a clase de galego, e a metade recibía
    menos de 6 horas de clase en galego. Este
    estudo tamén recollía que o galego se usa máis
    cós avós e menos cos pais ou irmáns, ou que
    lugares como cibers, discotecas, tendas... están
    totalmente castelanizados

4
Por que nos preocupa a situación do idioma?
Porque segundo os datos do censo de poboación de
2001 o número de persoas que nunca falan en
galego duplicouse en 10 anos, entre o 1991 e
2001, persoas que hoxe teñen entre 46 e 22 anos e
que tiveron unha parte do seu ensino en
galego. Nese período, o número de persoas que
falan sempre en galego, a penas variou, e o
número de persoas que o falan ás veces
diminuíu. En conclusión, aínda que o número de
persoas que falan sempre en galego aumentou do
ano 1991 ao 2001, aumentou moito máis o número de
persoas que non o falan e por tanto,
incrementouse a perda de falantes.
5
  • E vós que pensades?
  • En que lingua falades habitualmente na casa?
  • En que lingua falades no colexio?
  • En que lingua falades cos amigos e as amigas?
  • Con quen falades en galego?
  • Por que con esas persoas si e con outras non?

6
  • Miremos ao redor
  • Cantos rapaces e rapazas da aula falan galego?
    Completade o cadro cos datos

7
  • E vós que pensades?
  • Á vista dos datos anteriores, cal é a vosa
    opinión?
  • Na vosa aula fálase máis en galego ca noutras
    aulas do colexio?
  • Pensades que cando saiades do cole seguiredes
    falando na mesma lingua que agora? Por que?
  • Credes que isto lle afecta ao futuro da lingua?
  • Cantos anos tedes en 2030? Un estudoso di que
    nesa data pode ter desaparecido o galego como
    lingua viva
  • Que credes que ten que pasar para que unha lingua
    desapareza como lingua viva? Pensades que iso
    podería suceder?
  • E se sucedese...?

8
  • Imaxinade por un momento que ...
  • Que un accidente xeográfico tan importante como
    as rías desaparecese.
  • As nosas rías están sometidas a constantes
    agresións, sendo unha das máis importantes os
    recheos que modifican a súa extensión, pois
    reducen espazo ao mar e modifican as súas
    correntes, o que acaba repercutindo no
    desprazamento dos fondos areosos e na
    desaparición de determinadas especies mariñas.
    Por outro lado, a colmatación das áreas
    interiores das rías, debido ao exceso de lama e
    terra arrastradas polos ríos, ou ao efecto da
    vexetación, vai reducindo a súa profundidade e é
    outro elemento de destrución deste hábitat. A
    suma destes feitos e outras cuestións podería, ao
    longo de milleiros de anos, facer desaparecer
    este elemento xeográfico tan característico e
    xerador de riqueza.
  • Pensas que Galicia sería o mesmo se desaparecesen
    as súas rías? Farías algo para deter esta
    transformación?
  • Pois coa nosa lingua sería algo semellante, non?

9
Porque é a nosa lingua, a que di quen somos, a
que nos sitúa no mundo.
10
  • Daquela... Será bo que pensemos en facer algo ...
    Para que cada día o galego estea máis vivo entre
    todos e todas.
  • Desde o Correlingua propoñémosche reflexionar
    sobre a situación do idioma, e expresar a túa
    opinión, non só na escola e entre os teus amigos
    e amigas, tamén na rúa, aos teus veciños e
    veciñas, a través dun acto lúdico e festivo, para
    reclamar o noso dereito a vivir e medrar en
    galego

11
Comezamos cada edición convocando o concurso de
manifesto e banda deseñada. Os traballos
gañadores serán publicados na revista do
Correlingua
Gañadores da Banda deseñada na edición de 2008
Gañadores do manifesto na edición de 2008
12
(No Transcript)
13
(No Transcript)
14
O alumnado gañador dos concursos reciben como
premio unha estancia no Albergue de Gandarío
dunha fin de semana para o alumando de Primaria,
e de cinco días para o alumnado de Secundaria,
estancias nas que estarán acompañados/as de
monitores/as cos que realizarán diversas
actividades sociolinguísticas.
Os traballos premiados publícanse na revista do
correlingua, onde estamos desexando recoller
outros artigos que queirades enviarnos sobre o
noso idioma, ou mesmo as vosas creacións
literarias... A revista é vosa, usádea! Ah! No
número 1 trae o xogo da oca do correlingua
15
Logo, coa axuda dos vosos profes, preparamos un
itinerario para saírmos á rúa para reivindicar o
nosos dereito a vivir en galego. Non ten que ser
un itinerario moi longo, nin hai que competir...
Trátase de facer visíbel o noso idioma.
16
Organizaremos un acto final, unha festa, para
sermos exactos...
E nela lerase o manifesto gañador
17
E esta carreira e esta festa celébranse en todo o
país, durante dez días imos pasando o testemuño
dun lugar a outro
A Mariña
Ferrolterra
A Coruña
Lugo
Santiago de Compostela
Ribeira Sacra
A Barbanza
O Salnés
Pontevedra
Ourense
Baixo Miño e o Condado
Vigo
Monterrei
18
  • O Corelingua é máis divertido se imos todos e
    todas de festa. Que podemos facer para que a
    festa sexa máis grande?
  • Pancartas. Escollede un lema e un deseño entre
    todas as propostas que vaian saíndo. Só
    precisades dunha tea, pintura e uns paus. Tedes
    que ter moi claro que queredes facer antes de
    traballar directamente sobre a tea.
  • Disfraces. Como son moi poucos os que poden
    coller a pancarta, podédesvos disfrazar.
    Escollede un tema co que poidades convencer ao
    resto dos vosos compañeiros de que utilicen o
    galego, facede o deseño dos disfraces e ao
    Correlingua!
  • Cancións e berros Ademais do anterior podedes
    inventar cancións e berros que animen o percurso
    do correlingua, se non se vos ocorre nada podedes
    acudirá páxina web.

19
  • E temos unha páxina web www.correlingua.org
  • Nela atoparás

Calendario onde atoparás as datas de celebración
do Correlingua en cada comarca, ademais do
programa de actividades.
Manifesto aquí están os manifestos gañadoresde
todas as edicións.
A Polo Ghit do Correlingua ao Correlingua imos
de festa e ti podes escoller o grupo que máis che
guste... Anímate e vota.
Banda deseñada e aquí as bandas deseñadas
gañadoras.
Himno unha canción Bravú dos Diplomáticos de
Montealto que é o himno oficial do Correlingua.
Descarga a música e a letra.
Taboleiro nel podes deixar a túa pegada.
Escríbenos e colgaremos a túa mensaxe.
Ferramentas xogos e actividades para pasar o
tempo e aprender.
Bases as dos concursos está toda a información
para participares nos concursos.
20
Comprobamos Imos comprobar a vitalidade da nosa
lingua
21
Concluímos Unha vez que recollimos todos os
datos, que conclusións podemos tirar deles? Cal
é a presenza da nosa lingua ao noso redor?
22
En clave de humor
O bilingüismo harmónico visto por Tokio
O galego na xustiza, segundo o Carrabouxo
23
  • Propoñemos
  • Á vista dos datos que manexastes, a nosa lingua
    está presente ao noso redor?
  • Si. Pensas que é así en todas partes?
  • Non. Que podemos facer para mellorar a súa
    presenza?

24
Lemos e comentamos Mamá, un gallego! Cando o
meu amigo Euxenio me contou o que lle pasara
había uns meses, a verdade é que me deu a risa.
Entrou el nunha tenda de electrodomésticos das
Travesas e estaba a falar cun dependente cando un
neno que ía coa nai sinalouno co dedo e exclamou
"mira mamá, un gallego!" Xa me tiña esquecido
da anécdota, se non fose porque o outro día
estaba eu coa miña filla no parque infantil da
Miñoca e un neno de cinco anos, co que acababa de
intercambiar algunhas palabras, me fitou dende o
alto do tobogán. Cando me tivo ben observado
preguntou "oye, tu eres gallego?", eu, algo
sorprendido, resposteille "eu si, e ti?", el,
moi seguro de si e seguindo a miña mirada
perplexa, foi remarcando "pues yo soy español...
español... de España, sabes?". Artigo de Xoán
Comesaña Pedreira
25
  • Manter vivo o noso idioma, especialmente entre as
    xeracións máis novas, debe ser un dos traballos
    que, todas e todos, asumamos de cara ao futuro,
    seguindo a tradición do traballo colectivo.
  • O correlingua quere ser unha ferramenta para ese
    traballo.

26
Para escoitar e ... Bailar!
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com